sábado, 6 de julio de 2013

PREFERENTES BANKIA: OTRA GRAN VERDAD DESDE GALICIA, AL GOBIERNO Y A LOS JUECESrentes bankia:

Otra opinión mas, aclarando la ESTAFA. ¿Cuando van a mirar los Jueces lo que dicen los ESTAFADORES?. Si a los jueces, parece que no les da la gana leer todo lo declarado y publicado, es que les interesa mas que la Justicia la apliquemos nosotros...

¿Por que no aplican las declaraciones de los implicados y se acaban los procesos?... ¿Es que no es suficiente la culpa reconocida?. ¿Puede haber algo mas justo?... Lo otro es buscar cinco patas al gato.

Pero que, buscando entre las leyes, encuentren una "razón" para condenar al ESTAFADO, mientras el ESTAFADOR queda impune, chulo y sonriendo...Pues no, señorías. El ahorrador  no ha estafado a nadie, simplemente se ha dejado robar sus ahorros, por no saber lo suficiente...

Pero el ahorrador, es ahorrador, y, nada mas.

                                              ---------------------------------------------------





PREFERENTES

Vence sostén que as preferentes son un roubo deseñado polo BE, o Goberno e a Xunta



05/07/2013 - Galiciaé LV / Axencias
O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, denunciou o "cinismo" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao tratar de ocultar " que foi o PP o que "impuxo por lei a quita das preferentes".
Vence afirma que a "estafa" das preferentes "foi un roubo deliberado e claramente deseñado polo Banco de España, polo Goberno central e pola Xunta de Galicia para sanear a banca".

O nacionalista puxo de manifesto que "na auditoría de KPMG recomendábase que as preferentes fosen vías para refinanciar as entidades e o propio Feijóo deulle o visto e prace a esta formulación da auditoría, sempre ocultando esta información".

Vence tamén mencionou o "coñecemento" de Feijóo das remuneracións multimillonarias dos directivos das caixas, cos que, remarcou, o presidente da Xunta "estableceu un pacto de complicidade".

Por outra banda, Vence lamentou que a por entón conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, "desprece" o Parlamento de Galicia e aos galegos ao non querer comparecer na comisión das caixas. Respecto diso, anunciou que o BNG iniciará un proceso na Cámara galega para declarar a Currás, que pilotou máis de cerca todo o proceso de fusión, "persoa non grata".

Tamén se referiu á venda de Novagalicia Banco a unha entidade española, coa "aposta do Goberno central pola gran banca e coa complicidade e desidia da Xunta de Galicia".

Así, denunciou que "resulta clamoroso que Feijóo non se comprometese hoxe a garantir que Novagalicia Banco siga sendo galega e radicada en Galicia", e criticou que "logo dos 9.000 millóns de euros de sacrificio dos contribuíntes para rescatar a entidade e de roubar "máis de 600 millóns aos preferentistas para recapitalizarla mediante un auténtico espolio, o PP permita que Galicia quede sen entidade financeira"

No hay comentarios:

Publicar un comentario